Igrexa barroca do S.XVIII. A súa construción iniciouse en 1719 e en 1918 reconstrúese.
Presenta unha planta de cruz latina, con nave única, onde se sitúa o coro e a tribuna.
O interior do templo apenas presenta decoración e o seu retablo maior é de liña sinxela, de gran forza plástica, acentuando o movemento no alzado.
A fachada segue o mesmo criterio de sinxeleza. No seu centro os piares franquean a porta, que está decorada cun frontón triangular que preside a imaxe da Asunción, patroa da parroquia. Sobre a fachada, no lado norte, érguese o campanario.