É a igrexa que máis conserva a parte románica de todas as que se encontran no concello. Destacan as figuras antropomorfas e zoomorfas que suxeitan a cornixa. No interior consérvase o arco triunfal de medio punto, sostido por semicolumnas de fuste liso e curto, con capiteis decorados con motivos vexetais rematados en volutas.
A nave conserva as ventás orixinais, así como unha porta lateral con arco de descarga.
A súa construción sitúase na segunda metade do S. XII.
Opening Hours
Monday
-
Tuesday
-
Wednesday
-
Thursday
-
Friday
-
Saturday
-
Sunday
10:30
Address & Contact
Preme no botón para mostrar o mapa