Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Na marxe dereita da N-550 que vai da Coruña a Tui, na Avenida de Compostela de Padrón, atópase o xardín botánico-artístico, Monumento Artístico Nacional dende 1946 que incita ao paseo e ao faladoiro.

Neste recuncho cheo de maxia escóndense verdadeiras xoias naturais das que xa gozaba a nosa escritora máis querida e popular, Rosalía de Castro, quen escribía versos baixo a sombra dunha sequoia do lugar, a cal leva o seu nome.

Este espazo está considerado un dos xardíns máis antigos de España e forma parte do patrimonio artístico. É de mencionar o gran protagonismo que ten na vida lúdica e recreativa de Terras de Iria.

Este xardín ten unha forte vinculación co Apóstolo Santiago, con Rosalía de Castro e con Camilo José Cela, de aí que conte con exemplares dedicados a estas figuras ou a persoas que tiveron relación directa con elas.

En pouco máis dunha hectárea de extensión, o xardín botánico garda unha extraordinaria riqueza de flora composta por 300 especies e posúe 9 elementos que forman parte do catálogo arbóreo monumental do Finisterrae.

Convídase a se perder polos seus labirínticos xardíns, gozando dunha das xoias botánicas máis importantes destas terras xacobeas.

Opening Hours

Monday

-

Tuesday

-

Wednesday

-

Thursday

-

Friday

-

Saturday

-

Sunday

-

Address & Contact

Our Address

-

GPS

42.738873, -8.658686

Telephone

-

Email

-

Web
Preme no botón para mostrar o mapa