Antigo grupo de tres casas de aldea restauradas seguindo os principios de integración coa paisaxe rural e sostibilidade ecolóxica: paneis solares, caldeira de biomasa, calefación radiante, conpostaxe de residuos, etc. Tódolos nosos clientes serán recibidos cun aperitivo de benvida. Dado a nosa estratéxica situación, con conexión coa AP9, N550, AG11 e vías comarcais, é un ideal punto de partida para achegarnos en pouco tempo ás máis importantes cidades de Galiza, así como para realizar excursións polas cercanas comarcas das Rías Baixas, Costa da Morte, Illas Cíes e Ons…
En Os Lambráns contamos con 8 habitacións dobres, catro delas con posibilidade de poñer unha cama supletoria. Ademáis hai una habitación adaptada para persoas con mobilidade reducida, o mesmo que as zonas comúns das casas, como a cafetería, salón, sala de estar con cheminea e biblioteca. No exterior dispoñemos dun fermoso xardín e una terraza onde poder disfrutar da tranquilidade e do contacto coa natureza, co murmurio de fondo do río Sar ao seu paso pola beira da finca. En breve remataremos as obras do spa e da piscina climatizada.
Ademáis dos servizos indicados no listado, destacar a nosa cercanía co club de golf Val de Rois, a cinco minutos a pé, onde os nosos clientes gozarán de descontos nas tarifas tanto no campo de golf como no uso das pistas de padel e tenis, e onde atoparán servizo de cafetería e restaurante.
Servizos:
Acceso minusválidos Admite tarxetas de crédito Bar-Cafetería Internet en habitacións Xardín-terraza Aparcadoiro Secador de pelo en habitacións Sitio pintoresco Calefación central Calefación individual Pista de tenis Servizo para minusválidos Accesible autos Accesible bus Accesible caravanas Accesible motos Auga quente xeral Arbolado Biblioteca Extintores de incendio
|
Lavandería Luces de emerxencia Zonas verdes Admisión de animais(consultar) Bicicletas(consultar) Camas supletorias Comedor Instalacións accesibles a minusválidos Xardín/Horta Reunións directivos Salón estar Televisión común Dereito a cociña (CONSULTAR) Lavado roupa clientes Golf Pesca fluvial Praia fluvial Ferrocarril Recepción Equitación (15 KMS.)
|
Os Lambráns contan coa certificación turística Q de Calidade.
Tipo aloxamento: Casa rural
• Categoría: Grupo B
• Prezo orientativo por cuarto dobre en réxime de aloxamento e almorzo:
T. BAIXA |
T. MEDIA |
T. ALTA |
|
Habitación Dobre |
65.00 |
75 .00 |
85.00 |
Cama Supletoria |
16,25 € |
18,75 € |
21,25 € |
IVE incluido |
T.ALTA: Agosto
T.MEDIA: Xullo
T.BAIXA: resto do ano.
Situación:
Os Lambráns está situado na aldea de Lamas, a 2 km. de Padrón. De fácil acceso, segundo a estrada tomada pódese chegar de diferentes maneiras:
-Tomar a autoestrada AP9 e coller a saída de Padrón, conectando coa N550 dirección Santiago, e na primeira rotonda xirar á esquerda e tomar a AC301. No segundo cruce á dereita está a aldea de Lamas, onde ó final do camiño atópanse Os Lambráns.
-Se xa se ven desde Santiago pola N550, na rotonda anterior a Padrón, xirar á dereita tomando a estrada AC301 dirección Rois/Aguasantas. No segundo cruce á dereita está a aldea de Lamas, onde ó final do camiño atópanse Os Lambráns.