Casa Ramallo é un dos restaurantes máis antigos de Galicia. En 1898 abriu como casa de comidas e dende aquela, catro xeracións da mesma familia esfórzanse cada día para que os seus clientes se sintan coma na casa.
A súas propostas son un trato amable e próximo, cociña sinxela, honesta e un contorno acolledor.
A cociña de Casa Ramallo baséase en produtos frescos de tempada, propios da rexión, elaborados con receitas sinxelas tradicionais e tratados con cariño.
Mariscos da ría, guisos caseiros, cociña tradicional galega e sobremesas elaboradas na casa.
Unha das especialidades é a lamprea, típica da zona e que cada ano se pesca de xaneiro a maio. En tempada prepáranse caza maior e menor.
Casa Ramallo está situada nun contorno rural, na poboación de Rois, a 18 km de Santiago de Compostela, na estrada que une esta cidade coa de Pontevedra.
Servizos:
- Restaurante cunha ampla carta: cociña tradicional galega, mariscos frescos, guisos caseiros etc.
- Cafetería aberta en horario de restaurante
- Comedor climatizado
- Terraza cuberta
- Acceso para persoas discapacitadas
- Ampla zona de aparcadoiro
- Especialidades: cociña tradicional galega, guisos caseiros, mariscos da ría e lamprea en tempada.