Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

A Fundación Rosalía de Castro de Padrón estrea arquivo informatizado

A Fundación Rosalía de Castro de Padrón estrea arquivo informatizado

 

A Fundación Rosalía de Castro deu un paso de xigante para recuperar a casa-museo da escritora en A Matanza, en Padrón, «do esquecemento e da parálise» na que estaba ata non hai tanto, segundo declarou o presidente da entidade cultural, Anxo Angueira.

E fíxoo co estreno do arquivo informatizado de toda a documentación histórica da fundación, que xa está ao alcance dos investigadores. Para iso, a institución padronesa contou cunha axuda económica de 4.000 euros procedente da Consellería de Cultura. Anxo Angueira e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, anunciaron a apertura do arquivo, que xa é un espazo aberto a investigación logo de rematar unha primeira fase de organización, descrición e informatización dos fondos da entidade padronesa, que se atopaban nunhas «condicións lamentables», segundo dixo Angueira.

Más información en La Voz de Galicia