Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

A mostra fotográfica de rúa de Vicente Domínguez calienta os motores da Pascua 2017

A mostra fotográfica de rúa de Vicente Domínguez calienta os motores da Pascua 2017

A MOSTRA FOTOGRÁFICA DE RÚA DE VICENTE DOMÍNGUEZ QUECE OS MOTORES DA PASCUA 2017

O Concello de Padrón abríu esta mañá a exposición fotográfica sobre a historia recente das Festas da Pascua realizada por Vicente Domínguez. As imaxes, colgadas ao aire libre na rúa Fondo de Vila co obxectivo de achegar a mostra a veciños e visitantes e axudar á ambientación da festa, foron colocadas esta mañá coa presenza do autor. Posteriormente, o alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, percorreron a exposición e estiveron departindo co autor. A vila está a acolller cada vez un maior número de visitantes a medida que se achegan as datas festivas da Semana Santa. Nestes días, e ata o prato forte da fin de semana, o programa céntrase nas actividades deportivas, como o Campionato de Tenis Pascua 2017, as finais do VI Torneo de Fútbol Base, o I Trofeo Benéfico Terras de Iria de Fútbol Sala e o Campionato Galego de Xadrez.

Comments 0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con