A proxección internacional da obra de Rosalía de Castro recibe un novo impulso coa primeira edición en inglés do poemario ‘Follas novas’, que acaban de publicar a Xunta de Galicia e o selo Small Stations Press no marco da colección Galician Classics.
Traducida pola canadense Erín Moure, a obra ‘New Leaves’ nace co obxectivo de contribuír a “afianzar e a espallar aínda máis a obra rosaliana no contexto internacional”, asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que esta mañá lle facía entrega ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, de varios exemplares do volume na sede da casa-museo da escritora, en Padrón.
Máis información en A Xunta de Galicia
Comments 0