Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

As fotos do Luis Ksado, no convento do Carme padronés

As fotos do Luis Ksado, no convento do Carme padronés

O convento do Carme de Padrón presentou a exposición da 11.ª edición do premio de creación fotográfica Luis Ksado, convocado pola Deputación da Coruña. A mostra, que estará ata o oito de setembro, exhibe a serie de fotografías gañadora da última edición do certame. Trátase de `Ata que chegue a auga´, do fotoperiodista Marcos Míguez. O autor plasma en imaxes a vida diaria dunha parella de anciáns que son, desde fai varias décadas, os únicos habitantes dun pobo amenazado pola contrución dun embalse que nunca se chegou a facer. A exposición completarase con series fotográficas doutros artistas.

Mais información en Exposición Luis Ksado