A Asociación Adina dos amigos e amigas de Iria-Flavia, en Padrón, celebra este sábado de Pascuilla o seu encontro anual, que alcanza a vixésimo terceira edición. Ás once da maña está prevista a concentración dos asistentes no Restaurante Iria, sede da asociación que preside Alfonso Mella, para despois visitar os lugares históricos de Iria onde xogaban cando eran nenos, e así recordar “momentos de nuestra niñez”, segundo anunciou a entidade.
Mais información en La Voz de Galicia