Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Os Concellos de Dodro, Padrón e Rois recibiron o pasado mércores unha mención especial do Premio Coopera

Os Concellos de Dodro, Padrón e Rois recibiron o pasado mércores unha mención especial do Premio Coopera

Os Concellos de Dodro, Padrón e Rois recibiron o pasado mércores unha mención especial do Premio Coopera que foi entregado polo Presidente D. Alberto Núñez Feijoo e o vicepresidente D. Alfonso Rueda en recoñecemento á colaboración mantida entre os tres concellos de Terras de Iria  para incorporar e mellorar servizos públicos en beneficio de toda a veciñanza.

Entre estes servizos, cabe destacar a creación do G.E.S. (Grupo de Emerxencia Supramunicipal) con base en Padrón, a contratación do servizo de normalización lingüística, o servizo de orientación laboral, a colaboración entre os tres concellos para implantar melloras de eficiencia enerxética, a creación da páxina web de turismo Terras de Iria, o Plan de Drogodependencias, o obradoiro de emprego,…

Recentemente foi aprobado polos tres concellos o convenio marco para a creación da comunidade intermunicipal Terras de Iria que permitirá intensificar aínda máis a colaboración entre os tres concellos e mellorar os servizos públicos aos cidadáns da comarca.