Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Padrón acollerá o Campionato de Galicia o sábado en cinco categorías

Padrón acollerá o Campionato de Galicia o sábado en cinco categorías

O pavillón do grupo escolar de Padrón acollerá o sábado, ás 21 horas, os combates que decidirán os campiones de Galicia en cinco categorías: élite femenina, e xove e júnior tanto masculina como femenina. O custe da entrada é de cinco euros.

Os gañadores recibirán por vez primeira un cinturón que acreditará esa condición. Ata agora entregábanse medallas, pero a federación autonómica optou por mudar o formato polo mesmo dos combates profesionais. O consistorio de Padrón acolleu o acto de presentación dos primeiros cinturóns que recibirán os boxeadores aficionados este sábado. O venres dirimiranse as rondas previas e o sábado os combates que decidirán os títulos.

Máis información en La Voz de Galicia