Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Padrón aumenta as súas cifras de turismo con máis de 27.000 visitantes na vila

Padrón aumenta as súas cifras de turismo con máis de 27.000 visitantes na vila

Padrón aumenta as súas cifras de turismo con máis de 27.000 visitantes na vila

O municipio ten cada vez ten máis peso no Camiño de Santiago

Padrón, 3 de xaneiro de 2014. Padrón pechou 2013 cun aumento importante de visitantes, un total de 27.090. Así, o reflicte o informe elaborado polo técnico municipal de turismo, no que se menciona tamén que un 86% visitou o municipio por primeira vez, fronte a un 14% que xa o coñecía de estancias anteriores. Os datos sitúan ao Camiño de Santiago como motivo principal polo que percorrer o municipio (51%) Así, a información recadada amosa que o concello recupera peso na tradición xacobea e as medidas de promoción cumpren coa intencionalidade de atraer novos visitantes.

Os turistas que se achegan a Padrón comprenden as idades de 36 a 60 anos principalmente, representando un 67% do total. Ademais do Camiño de Santiago, as recomendacións e a gastronomía son outros dos motivos polos que os acoden á vila, cun 35% e 14 % respectivamente.

En canto á súa procedencia, un 74% dos visitantes son nacionais, fronte a un 26% que proceden do estranxeiro.  Dentro destes, o 95% son europeos, principalmente portugueses, alemáns e italianos. O 3% procede de América, sobre todo de Estados Unidos, Arxentina e Brasil, fronte ao 2% restante que provén de Australia, Nova Zelanda ou de países do continente africano ou asiático, coma Xapón, Turquía, ou Corea.

O número de persoas que se achegaron á Oficina de Turismo foi un total de 27.090 visitantes, fronte aos 16.143 que se achegaron no 2012. Asturias, Valencia,Castela León, Andalucía e Madrid son, nesta orde, as comunidades das que se recibe maior número de visitantes do país.

O perfil de turista que visita Padrón é heteroxéneo, aínda que este ano na súa gran maioría foron peregrinos realizando unha das súas etapas.

O 70% da información que se proporciona desde a oficina de turismo é sobre Padrón e os arredores. O 30% restante, corresponde a información doutras partes de Galicia, tentando así dar un servizo o máis completo posible. 

Un ano máis a oferta turística e cultural de Padrón estará presente no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid este mes. Toda persoa que se achegue poderá atopar folletos informativos, planos da vila e material que resalta os atractivos padroneses. Ao longo do ano, Padrón tamén estará presente noutras feiras tanto nacionais coma internacionais.