Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Padrón estrea un novo albergue

Padrón contará cun novo albergue privado a partir do 15 de marzo, día no que abre as súas portas o aloxamento A Barca de Pedra, situado na rúa Vidal Cepeda, en pleno casco histórico. O seu promotor é o médico e docente padronés afincado en A Coruña Carlos Agrasar.

Enamorado do Camiño, que xa recorreu por distintas rutas, Agrasar abre o albergue no edificio familiar, de modo que ofrece 22 prazas en literas, distribuidas en catro habitacións: unha de 8 prazas; unha de 6 e dúas habitacións catro cada unha.

Mais información en La Voz de Galicia