Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Padrón e Galicia festexará a Rosalía, desde a cociña tradicional, co seu «caldo de gloria»

O «caldo de gloria», o que cociñou Rosalía de Castro e do que fala no poema Miña casiña, meu lar, volverá a ulir e a saborearse na súa casa de A Matanza, no concello de Padrón, dentro dos actos conmemorativos organizados no marco do 180.º aniversario do nacemento da autora de Follas novas, que se cumpre o vindeiro venres. A fundación padronesa que leva o seu nome organizou esta actividade nova, coa intención de que todos os locais da hostalería de Padrón se unan o 24 de febreiro a este festexo, ofrecendo o caldo de gloria. Dende a entidade convidan a que todo o país faga o propio nas súas casas e nos restaurantes, acompañándoo sempre coa lectura de poemas rosalianos.

Mais información en La Voz de Galicia