Romaría popular que se desenvolve entre os días 24 e 25 de xullo, ligada intimamente á tradición xacobea e á figura do Apóstolo Santiago.
Celébrase no contorno dunha ermida que leva o mesmo nome e nuns penedos que, tal e como cita a historia da tradición, foron o lugar escollido polo Apóstolo Santiago para lle predicar á xente do lugar.
Trátase dunha paraxe sen parangón para pasar uns días en familia con gaiteiros, cabezudos e cunha gran sardiñada acompañada de bolos preñados e pan de millo.
Cómpre destacar pola súa sigulariedade que o día 24 de xullo pola tarde realízase o gran Derbi Asnal, moi arraigado entre os padroneses.