PREMIO DE INTERPRETACIÓN TEATRAL MARUXA VILLANUEVA
O Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva empezou a súa andaina no ano 2001, en conmemoración de Maruxa Villanueva, cantante nos seus inicios profesionais e que se converteu aos poucos anos nunha grande actriz teatral, principalmente en terras arxentinas, onde pasou varios anos da súa xuventude. A finais dos anos 60 instálase en Santiago de Compostela, onde entra en contacto co Padroado Rosalía de Castro, a quen lle vai axudar a conseguir fondos para a restauración da Casa-Museo Rosalía de Castro. Por mor disto, fíxose unha gran coñecedora da vida e obra da autora padronesa e pasou a atender ela mesma a Casa-Museo dende a súa apertura.
Maruxa Villanueva obtivo en vida moitas distincións, entre as que se pode destacar a homenaxe recibida na súa aldea natal de Barrela, en 1991, o mesmo ano en que a Xunta de Galicia lle impón a Medalla Castelao. Xa en 1993, foi nomeada presidenta de honra da Asociación polos Dereitos do Emigrante Galego en Buenos Aires. Postumamente recibe tamén o premio María Casares de teatro.
Por todo isto, no seu nome, en Padrón créase tras a súa morte o Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva.
O galardón outórgaselles a actores ou actrices que participaran nun espectáculo teatral galego durante o ano vixente, ou no seu caso a un actor ou actriz pola súa recoñecida traxectoria neste ámbito. Este premio, dotado economicamente, acompáñase da entrega dun diploma acreditativo e dunha figura de bronce co busto da actriz Maruxa Villanueva.
O premio resólveo o xurado designado por resolución de alcaldía do Excmo. Concello de Padrón, que estará formado polo menos por catro persoas especializadas no teatro galego propostas pola concellería de Cultura e por un representante nomeado por cadanseu grupo político da corporación municipal.
A relación de premiados ata o de agora é:
- Ano 2001: Roberto Vidal Bolaño
- Ano 2002: Susana Dans
- Ano 2003: Rosa Lavarez Cabo
- Ano 2004: Manuel Lourenzo Pérez
- Ano 2005: Xan Cejudo
- Ano 2006: Ana Valles
- Ano 2007: Luísa Merelas
- Ano 2008: Xosé M. Olveira “Pico”
- Ano 2009: Gonzalo M. Urugarte
- Ano 2010: Víctor Mosqueira
- Ano 2011: Patricia de Lorenzo
PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN
A relación de autores/as e obras premiadas, así coma as editoriais nas que éstas foron publicadas ao longo da vida deste prestixioso certame é a seguinte:
- 1988 Xosé Manuel López “Ardeiro” O matiz esmeralda na sombra.
- 1989 Gonzalo Navaza, Fábrica íntima.
- 1.990 Xavier Rodríguez Barrio, Alborada no muro.
- 1991 Helena Villar, Nas hedras de Clepsidra.
- 1992 Palmira Gonzalez Boullosa, Asoladamente, o teu nome.
- 1.993 Xavier Cordal, Fruto do Teixo.
- 1994 Xosé Manuel Millán Otero, As palabras no espello.
- 1995 Xosé Miranda, Amantes e viaxeiros.
- 1996 Isidro Novo, Dende unha nada núa.
- 1997 Emma Couceiro, As entrañas horas.
- 1998 Estevo Creus, Teoría do Lugar.
- 1999 Emma Pedreira, Grimorio.
- 2000 Carlos Penela, Acaso o inverno.
- 2001 Xosé Lois Rúa, O tránsito da auga.
- 2002 Eduardo Estevez. Caderno apócrifo da pequena defunta.
- 2003 Mary Comesaña Besteiros, Zoonose.
- 2004 Lupe Gómez, Azul estranxeira.
- 2005 Mariña Pérez, Fanegórama.
- 2006 Rafa Villar, Escoración dos días.
- 2007 Nieves Soutelo, Código poético.
- 2008 Xabier Xil Xardón, Cando menos a derrota.
- 2009 Xosé Daniel Costas Currás, Conservas
- 2010 Luis Valle Regueiro, Fedor.
- 2011 Isaac Xubín, Con gume de folla húmida.
- 2012 Serxio Iglesias, Viaxe ao interior da fenda.
PREMIO LITERARIO CAMILO JOSÉ CELA DE NARRATIVA
O premio literario Camilo José Cela de narrativa realízase como homenaxe perpetua á figura humana e literaria do egrexio escritor Premio Nobel de Literatura en 1989 e nado de Iria Flavia (Padrón).
Este premio vense celebrando dende 1990 cun grande éxito de participación tanto nacional coma internacional, xa que a figura de Camilo José Cela é estudada en varias partes do mundo.
Os relatos que se presentan ao concurso deben ter unha extensión de 12 a 25 folios e seren inéditos e orixinais, escritos tanto en galego coma en castelán.
Un xurado, designado por resolución de alcaldía do Excmo. Concello de Padrón, que baixo os principios de publicidade, transparencia, igualdade, non discriminación e obxectividade, emite o seu veredicto para logo facelo público nos medios de comunicación.
O galardón está dotado por un premio de 1.500€ e unha figura do escritor Camilo José Cela.
A relación de premiados ata o de agora é:
AÑO |
AUTOR |
TÍTULO |
1990 |
Manuel Riveiro Loureiro |
Caladamente |
1991 |
Carlos Arias Iglesias |
O Barco do Seixo |
1992 |
(Deserto) |
|
1993 |
Antonio Rivero Coello |
Valquiria |
1994 |
Luis Manuel García Méndez |
La guerra de los escribas |
1995 |
Xoan Piñeiro Cochón |
Estromil |
1996 |
Luis Manuel García Méndez |
Sueños |
1997 |
Carmen Paya Ferrando |
Dos latidos |
1998 |
Antonio Manuel García Méndez |
Sñick |
1999 |
Antonio Luis Vera Velasco |
Hacedor de patria |
2000 |
Miguel López Crespí |
La inundación |
2001 |
Francisco Rozados Rivas |
Unha campá na congostra de Rebordechao |
2002 |
Lorenzo Luengo Regalado |
Porque esta es mi sangre |
2003 |
David Couto Mallou |
La vereda de los justos |
2004 |
Enma Pedreira Lombardía |
Silencio polas sereas |
2005 |
Juan Casas Rigall |
As sombras de Perseo |
2006 |
Beatriz Olivenza Bernardo |
Los que habitan la noche |
2007 |
Francisco Alfaro Mora |
Dicen que dicen |
2008 |
David Nieto Rodríguez |
Perros en libertad |
2009 |
Félix Juan Jerónimo Beltre |
Variaciones del frío |
2010 |
José Manuel Moreno Pérez |
Mutación |
2011 |
Javier Alejandro Mariscal Crevoisier |
El perseguidor |
2012 |
José Luis Castro Lombilla |
Aviso importante |
CERTAME ARTÍSTICO E LITERARIO DE RELATO BREVE E POESÍA (Concello de Rois)
O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor celébrase todos os anos o 23 de abril, data na que se pon de manifesto o papel que desempeña o libro na sociedade dos nosos días. En Galicia, coincide esta data moi próxima ao Día das Letras Galegas, o 17 de maio, día en que Galicia honra as súas letras e a súa lingua. Estas celebracións son o motivo polo que cada ano se pon en marcha o Certame artístico e literario de relato breve e poesía
A participación no Certame está aberta a todas as idades e nel establécense as seguintes categorías: ata 6 anos, 7-8 anos, 9-11 anos, 12-14 anos, 15-17 anos e maiores de 18 anos.
As persoas participantes deben presentar un único texto en galego, orixinal e inédito, para o que se estipula un máximo de dez folios (narrativa) ou de 10 a 60 versos (poesía). É requisito indispensable incorporar algún elemento característico ou algunha referencia ao Concello de Rois.
A entrega de premios ás dúas mellores obras de cada categoría ten lugar o 15 de maio, día do Santo Isidro, patrón de Rois, data en que se expoñen ao público todos os traballos presentados.